Lugo acolle por primeira vez un campionato galego de natación sincronizada

Lugo acolle por primeira vez un campionato galego de natación sincronizada. Trátase do campionato galego de verán de nivel de natación sincronizada, que atraerá á cidade a unhas 1.000 persoas entre nadadoras, acompañantes e organización e que reunirá ás mellores deportistas de Galicia desta modalidade a vindeira fin de semana, os días 18 e 19, nas piscinas de Frigsa.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou que para o Concello é “unha gran satisfacción e privilexio acoller por primeira vez na nosa cidade este campionato de sincronizada, ademais da man do Club Porta Miñá, emblemático, no que moitos nenos e nenas practican natación, e dentro dela esta modalidade tan complexa e sacrificada, que esixe moitas horas de traballo e esforzo, algo que é de recoñecer e admirar”.

Lara Méndez encadrou a colaboración do Concello con este evento na súa “aposta clara e decidida” polo deporte, “ao que destinamos 3 millóns de euros nos Orzamentos deste ano para actividades deportivas, competicións, torneos ou gastos de equipos e clubs”. Neste senso, a rexedora destacou o apoio municipal ao deporte base e á formación de canteira na cidade en numerosas disciplinas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com