Lugo acolle por primeira vez o Festival Galego de Cultura Xorda

O V Festival Galego de Cultura Xorda celebrarase por primeira vez en Lugo, e será o sábado 21 no Gustavo Freire. Trátase dunha iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolle Lugo grazas á colaboración que Deputación e Concello lucense prestan a ASORLU. Participarán artistas das distintas asociacións galegas de dita Federación. Haberá exposicións de pintura, teatro, certames de poesía, curtametraxes, monólogos….O seu obxectivo é recoñecer e pór en valor o traballo que realizan as persoas xordas no eido cultural, amosando que non hai barreiras.

“Silencioso e con moito que dicir”

“Será un festival silencioso aínda que con moito que dicir, co que colaboramos os Gobernos da Deputación e do Concello de Lugo dentro da nosa aposta compartida pola igualdade de oportunidades e a integración social. Baixo esta premisa, ambas as dúas administracións colaboramos con ASORLU cunha achega de preto de 30.000 euros que fan posible, máis alá da organización deste tipo de eventos, a contratación de intérpretes para que as preto de 3.000 persoas xordas da nosa provincia participen de forma activa na vida social. Creo que este festival é unha mostra moi visible de que, se sumamos esforzos, podemos romper barreiras”, destacou López Izquierdo.

Programa

O V Festival Galego de Cultura Xorda  contará cunha exposición permanente de artistas xordos de toda Galicia. Ao longo da xornada participarán integrantes de distintas asociacións de todo o territorio galego en diferentes disciplinas: Asociación de Sordos de Vigo (ASV), Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU), Asociación de Personas Sordas de A Coruña (ASPESOR), Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC), Asociación Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).

A programación é a seguinte:

11:00 horas.- Apertura e inauguración do festival.

11:30 horas.- Poesía. Complicidad, de María José Cruz e La Primavera Besaba. Antonio Machado, de Emilia Rodríguez.

12:20 horas.- Presentación do pintor Hipólito Xeada.

12:30 horas.- Monólogo Modo de sonrisa: ON, do artista Chifli.

13:00 horas.- Teatro. Representarase a obra La otra historia de caperucita roja por parte de actores e actrices de AXF.

13:45 horas.– Cortometraje. Sordas de Génesis Lence.

16:00 horas.- Presentación do pintor Pedro Quiñoa.

16:10 horas.- Mimo. Manuel de la Horta con el espectáculo Triste y Contento, y Carlos López con Los cambios.

16:45 horas.- Teatro. A compañía Manos K Ríen representará Cine Mudo. Baile Galego Tradicional por parte de APPSC. Santi Pose e Ignacio Fuente representarán First Dates Deaf.

17:45 horas.- Teatro. La compañía Manos K Ríen representará La gabardina.

18:20 horas.- Ana Senra interpretará a canción A nosa terra.

18:50 horas.- Presentación da pintora Fina Eiros.

19:00 horas.- Teatro. A compañía K Ríen representará Recuerdos.

19:15 horas.- Experiencia persoal. Una visión motera del mundo por parte do austríaco Marko Istvan.

20:15 horas.- Clausura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com