A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro domingo 23 de maio as VIII Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo en horario de 11.00 horas a 13.30 horas e de 16.30 horas a 20.00 horas. Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar no CENTRAD.
Nestas xornadas participarán grandes profesionais do baile tradicional como son Montse Rivera, Olga Kirk e Xabier Iglesias que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes e estilos mais característicos da tradición galega.
Dende a AGG organízase esta actividade, “necesaria e de moita utilidade” para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, para ofrecer un espazo no que conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, son xa unha cita anual imprescindible para todos os amantes do baile tradicional. Nesta ocasión, por mor da situación que estamos padecendo levaranse a cabo con todas as medidas de seguridade contra a Covid vixentes,
Programa:
11.00 – Apertura
11.00 – Relatorio-obradoiro I
“Regueifa”. Montse Rivera
- 11.45 obradoiro parte I
- 12.45 obradoiro parte II
14.00 – Xantar
16.30 – Relatorio-obradoiro II
“O Baile en Tordoia”. Olga Kirk
18.00 – Descanso
18.15 – Relatorio-obradoiro III
“O Bailar na Terra Chá”. Xabier Iglesias