Lugo acollerá o 12 de novembro a carreira nocturna solidaria Viesgo Night Race

Lugo acollerá o vindeiro 12 de novembro a cuarta edición da carreira nocturna solidaria Viesgo Night Race.  Trátase dunha proba nocturna que terá varias modalidades en función da idade. Deste xeito, a proba para maiores de 12 anos dará comezo ás 20:00 horas cun recorrido en torno aos 5 quilómetros, completando unha volta completa ao adarve da Muralla.

Os máis pequenos percorrerán unha distancia de 500 metros acompañados, se o desexan, polos seus pais ou nais. Esta proba dirixida aos menores con idades de 3 a 7 anos será a primeira en disputarse, e o fará as 19:30 horas, a seguinte en disputarse será a de idades comprendidas entre 8 e 12 anos, que xa correarán de xeito individual, pero en circuíto pechado sobre unha distancia aproximada dun quilómetro. Todas as probas sairán de diante da casa do Concello e terán a particularidade de que os corredores levarán unha lanterna frontal para iluminar o percorrido

Os interesados poden inscribirse en www.viesgonightrace.com e a recadación acadada polas inscricións dos participantes na categoría absoluta irá destinada integramente ao Banco de Alimentos.

O concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, destacou o feito de que “a maioría dos atletas de Lugo e a súa provincia teñen marcado en vermello o día que se celebra esta competición” e tamén animou a todos os amantes do atletismo e a todas as persoas solidarias a participar neste evento cada vez máis popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com