Lugo acollerá o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial do 16 ao 18 de setembro

O I Congreso Nacional de Turismo Experiencial que se celebrará en Lugo do 16 ao 18 de setembro e no que participarán máis de 50 expertos e profesionais, terá como singularidade que o mesmo será presencial e virtual, ofrecendo a posibilidade de seguir as ponencias por streaming. Ademais, como extensión ao Congreso, os días 19 e 20 de setembro celebrarase a cita LugoExperience, que incluirá actividades culturais, gastronómicas, medio ambientais e de aventura, dirixidas aos asistentes e ao conxunto dos lucenses.

Lara Méndez fixo fincapé na importancia de “potenciar un turismo acorde co modelo de cidade polo que estamos apostando, baseado na sostibilidade, máis amable e próximo ás persoas. Será, polo tanto, un punto de encontro para profesionais, emprendedores, técnicos, produtores locais, estudantes, guías, investigadores, medios de comunicación e apaixonados do turismo e a cultura en xeral.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en funcións, Marta Barreiro, subliñou no acto de presentación que “este evento axudará a trasladar a imaxe de Lugo como destino seguro, que invita a ser vivido e non solo visitado”, ao tempo que impulsa o propio turismo de reunións, un segmento que contribúe a diversificar e desestacionalizar a oferta”.

Barreiro lembrou que “o Goberno galego elaborou un Plan de Reactivación do sector turístico fronte ao coronavirus, que contempla medidas transversais orientadas a xerar confianza nos consumidores, recuperar a actividade e afianzar o emprego”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com