Lugo adianta o acendido das luces de Nadal ao 2 de decembro

Lugo acenderá o alumeado de nadal o 2 de decembro. Asegurouno esta mañá a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que aclarou que a meirande parte das luminarias xa están colocadas na cidade, agás na Praza Maior, onde agardarán a que remate a campaña contra a Violencia Machista. “Está todo case rematado. Fáltanos o do Concello pero hai que rematar as xornadas contra a violencia para que poidan colocar as luces no balcón”, apuntaba a edil.

Basadre aclarou que o feito de adiantar o acendido das luces se debe á que este ano se adxudicaron á vez que o alumeado do San Froilán. “Saiu xunta a contratación do Nadal e a do San Froilán e fixémola con tempo suficiente para comezar ese alumeado o día 2 de decembro”, aclarou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com