O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron hoxe no acto Lugo, provincia acolledora coas persoas refuxiadas que organizou Amnistía Internacional na Praza de San Marcos.
O Goberno provincial colabora coa asociación a través da Fundación TIC que realizou a gravación de todo o acto e colocou unha pantalla xigante para a proxección de vídeos de Amnistía Internacional. Durante o acto a escritora Ana Expósito leu un manifesto reivindicando a figura dos refuxiados, e o grupo de teatro Palimoquiños e o Coro Moderno da Escola Municipal de Música realizaron varias actuacións.
Para rematar a refuxiada mexicana, Leonor Peralta, que vive en Lugo dende fai 2 anos, cortou a cinta que inaugura simbolicamente a Lugo, como provincia acolledora de persoas refuxiadas. Realizaranse actos similares durante todo o día en Concellos e cidades de toda España.