Lugo e provincia manteñen os mesmos datos que onte, 591 contaxiados. É o terceiro día que non se produciron novos contaxios e a isto, sen dúbida, contribúe o cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias por parte da maioría dos habitantes desta provincia.
Con respecto ao resto do país, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago, e 338 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 46.110 permanente.
Abr 13, 2020 - 02:18 PM
Todos están na casa sin analizar