A Corporación municipal de Lugo, coa a Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, representantes da Deputación de Lugo e do Parlamento galego, e veciños e veciñas concentráronse na mañá deste martes diante da casa consistorial para gardar un minuto de silencio en repulsa pola masacre de Orlando e en solidaridade e afecto cara as vítimas e os seus familiares.
O Concello condena o que cualifican como “vil acto de terrorismo e odio perpetrado contra a comunidade homosexual” e que supuxo a peor matanza ocorrida en Estados Unidos dende o 11-S.
“En nome do pobo de Lugo manifestamos a nosa repulsa categórica a calquera tipo de violencia, sexa terrorismo islámico ou homófobo. Dende o Concello defenderemos sempre a liberdade sexual de todas as persoas e a elección que fagan da súa forma de vida”, subliñou a alcaldesa.