Un total de 44 municipios, entre os que se encontra Lugo, compiten na segunda edición da campaña Destino Turístico Accesible, organizada pola empresa ThyssenKrupp Encasa, que busca a cidade española que máis promove a eliminación de barreiras arquitectónicas.
As plataformas Facebook, Twitter e Google+ permitiron aos usuarios propoñer os mellores destinos turísticos para que calquera persoa poida gozar do patrimonio artístico e as actividades de ocio e tempo libre. Todos os municipios participantes contan cun plan integral de accesibilidade e este certame ten como obxectivo recoñecer o traballo que están levando a cabo os municipios españois por impulsar un turismo sen barreiras.
O prazo para as votacións está aberto dende o 13 de outubro ao 30 do mesmo mes e todos os usuarios poderán votar a través da web www.destinoaccesible.es