Lugo celebra este domingo o Campionato Provincial de Cross

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Manuel Teijeiro, o xefe provincial de deportes en Lugo, Manuel Otero “Cadramón” e o presidente do Club Fluvial, Tito Valledor, presentaron este mércores no Salón de Plenos o Campionato Provincial de Cross, que organiza o club e a federación coa colaboración do Concello o vindeiro domingo 7 de febreiro no circuíto Feira Exposición, á beira do río Miño. Fernández subliñou que “se enmarca na nosa aposta por fomentar o deporte ao tempo que impulsamos cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico, cultural e medio ambiental”.

O edil tamén fixo fincapé no compromiso do Concello co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades, ao tempo que subliñou o arraigo do atletismo na cidade de Lugo, un deporte que cada vez gaña máis adeptos, o que puidemos comprobar o domingo pasado na celebración da XIII Lugo Monumental, que reuniu a máis de 2.200 corredores en Lugo.

No Campionato Provincial de Cross participarán as categías xuvenil (nados no 1999 e 2000), júnior (1997 e 1998), promesa (1994, 1995 e 1996), sénior (1993 e anteriores), veteranos A (35-44 anos), B (45-54 anos), C (55-64 anos) e D (máis de 65 anos). As 11:45 horas terá lugar a saída das categorías xuvenil, júnior, e promesa, senior e veternanas femenino, que percorrerán 3 quilómetros. Ás 12:30 horas, arrancará a categoría masculina de promesa, senior e veteranos, que correrán 6 quilómetros. As inscricións aínda se poden realizar a través do sistema da web da Real Federación Española de Atletismo ata as 23:00 horas do xoves 4 de febreiro.

Paralelamente a este evento, disputarase o I Cross Fluvial de Lugo para as categorías dende benxamín a cadete. As probas comezarán a partir das 11 da mañá e estarán presentes os principais clubs da provincia. Para ambas competicións, os dorsais poderán retirarse na secretaría ata 30 minutos antes da saída de cada proba. Por categorías, haberá medallas –campionato- e trofeos –cross fluvial- para os 3 primeiros participantes masculino e feminino.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com