Lugo celebra o Día de Europa

O Concello de Lugo organizou hoxe, con motivo do Día de Europa, un programa de actividades divulgativas co fin de achegar á cidadanía a realidade europea e poñer en valor a pertenza á UE. Os actos, impulsados polo centro de información europea municipal, Europe Direct, arrancaron coa lectura do manifesto conmemorativo a cargo da Concelleira de Economía, no que participaron membros da Corporación municipal, xunto ao deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera, e o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.

O manifesto ao que puxo voz Prieto pon en valor “os 68 anos de paz, unidade, liberdade, respecto, igualdade e convivencia cidadá” en Europa, ao tempo que fai un chamamento a superar o “mal momento” que atravesa a UE e loitar pola “unidade e a colaboración europea, máis necesaria ca nunca”. Destaca así mesmo a contribución de Europa “á mellora da calidade de vida” dos lucenses a través de fondos destinados a “recuperar espazos públicos para o seu uso público, a formación, o impulso do emprego ou a difusión do patrimonio”.

No marco das actividades conmemorativas do Día de Europa, esta mañá, no Espazo Lab, houbo actividades para os escolares, e xa de tarde, dende as 18:00 ás 20:00 horas, baixo o lema Celebrando Europa, haberá unha programación tamén especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con diversos xogos e actividades infantís. Instalarase ademais un photocall e unha mesa informativa sobre os proxectos do Concello financiados con fondos europeos, especialmente a estratexia Edusi, denominada Muramiñae: da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com