Lugo celebra outra noite aberta e de festa para o comercio local

Lugo celebrou onte unha nova edición, a novena, da IX Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas dacidade. O Concello de Lugo colabora un ano máis con esta iniciativa dentro do seu impulso polo comercio de proximidade. No acto tamén estivo presente a artista Lucía Pérez, a presidenta do colectivo e a presidenta de honra da asociación organizadora, Marta López e Nora Real, respectivamente; e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, outras autoridades.

Na IX Noite Aberta participaron ao redor dun cententar de tendas. Este ano, os Xardíns da Deputación acollen a fin de festa, con diversas actuacións musicais. Como xa é habitual, os distintos locais comerciais fixeron a súa propia festa con promocións e música. Ademais, instalouse unha carpa na Praza Maior onde todas e todos os clientes das tendas asociadas a esta iniciativa, con só presentar o ticket -de compras superiores a 20 euros-, obtiveron distintos agasallos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com