A sociedade lucense está en shock pola terrible situación que se está vivindo no Levante, tras a destrución ocasionada pola DANA que acabou coa vida de máis de 200 persoas e causou innumerables danos materiais.
Houbo fantásticas iniciativas de empresas e particulares da nosa cidade e provincia que levaron víveres e produtos de primeira necesidade aos afectados, e a este esforzo colectivo únese agora unha nova acción protagonizada por diferentes empresas e artistas locais. Unha gala solidaria: A música e a maxia serán as protagonistas dun espectáculo que é posible grazas á desinteresada colaboración de todos os artistas, técnicos e empresas que interveñen nesta iniciativa. Coordinados polo Mago Rafa, quen tivo a iniciativa deste espectáculo, participan os ilusionistas Dani Polo e o propio Mago Rafa e os músicos David Taboada, Jairo López Quiñoa e Iria Estévez, así como A Penúltima Sabinera (en formato acústico).
Desde mañá sábado día 9 ata o propio venres 15 ás 14:00 horas poderanse obter as entradas, que serán un donativo de tan só 10 euros. O total da recadación, ao 100%, destinarase aos afectados pola DANA a través de Cruz Vermella Española grazas á xenerosa colaboración de artistas, empresas e técnicos, que traballarán de forma desinteresada.
Fixáronse cinco puntos de venda para as entradas, que tamén colaboran desinteresadamente, e son os seguintes:
- Cruz Vermella de Lugo, Avenida de Madrid s/n
- Cruz Vermella de Lugo, C/ Mallorca nº 24 (de 8:30 a 15:00 e de 16:30 a 19:00)
- Lambetadas Ray, Praza Maior nº 20
- Estacionamentos Ánxel Fole, C/ Ánxel Fole s/n (aberto 24 horas)
- Cafetería San Marcos, C/ San Marcos nº 1
O propio venres pola tarde, a partir das 20:00 horas, poderanse adquirir as entradas no despacho de billetes do Auditorio.
Fila CERO: Para aquelas persoas que non poidan acudir á gala ou queiran colaborar cun importe adicional, habilitouse unha Fila CERO, facendo unha transferencia ao número de conta seguinte, polo importe que desexen, co concepto “FILA CERO CALMANDO TORMENTAS”
Conta bancaria no Banco Sabadell número ES17 0081 7630 1400 0132 8534 O total dos importes recibidos, sen descontos nin comisións de ningunha clase, será doado a Cruz Vermella Española para os afectados pola DANA.
Tamén se convida aos lucenses para consultar outras formas de doazón directa en www.cruzroja.es.