Lugo chega aos 1016 casos activos de Covid, tras un novo repunte de contaxios

O avance do coronavirus na provincia parecía nas últimas dúas xornadas que se estaba a frear e é que, logo dunha fin de semana con máis de 200 positivos confirmados, chegaban dous días de calma, que, xuntos, non chegaban aos 60 contaxios novos e que facían que baixara o número de casos activos, ao aumentar significativamente as altas. Pois ben, nos datos ofrecidos polo Sergas nas últimas horas revélase un novo aumento dos casos activos que suman xa 1.016 pacientes con infección activa, tras confirmarse por PCR 72 positivos novos; nunha xornada na que o número de altas está tamén moi por baixo das rexistradas nos últimos días con tan só 18 pacientes curados. 

Con isto era inevitable que a presión hospitalaria continuara en aumento cun hospitalizado máis na provincia, o que deixa a cifra en 37 hospitalizado. Na UCI continúan os mesmos pacientes que onte, un total de 5.

Asemade, na xornada de onte o virus cobrouse dúas novas vidas, superando xa o centenar. As vítimas son dúas mulleres de 89 e 91 anos que permanecían hospitalizadas no HULA e no Hospital da Mariña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com