A cidade de Lugo volve a celebrar, por terceiro ano consecutivo, e grazas a Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), a feira Ágora Verde. Una cita gastronómica única que ofrece productos e información sobre a produción ecolóxica. Francisco López, presidente de Craega, xunto a alcaldesa de Lugo e a Deputada de Promoción Económica e Social, inauguraron esta mañá o Ágora Verde que estará aberto ata o xoves, 6 de setembro, no fondo da Praza Maior.
Nos dez postos que compoñen esta feira gastronómica, o visitante pode mercar produtos ecolóxicos mentres se informa das múltiples propiedades e beneficios para a saúdo do seu consumo. Ademáis, a cita busca tamén achegar a produtores e consumidores, a través de diferentes actividades como obradoiros e xogos infantís ou degustacións.
A feira, na que se poden atopar dende marmeladas a galletas ou hortalizas, ten un horario de 11.00 a 22.00 horas.