Lugo condena o atentado terrorista en Estambul

A Corporación municipal de Lugo, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos participaron esta mañá na concentración e minuto de silencio que tivo lugar diante da casa consistorial en repulsa polo atentado terrorista perpetrado onte no maior aeroporto de Estambul, Ataürk, un dos máis transitados do mundo, no que perderon a vida polo menos medio centenar de persoas e resultaron feridas máis de 230.

A rexedora expresou a “condena total e absoluta a calquera tipo de acto violento que atente contra as persoas, independentemente das súas crenzas, raza, posicións ideolóxicas ou sexuais. Ten que primar sempre a liberdade das persoas”.

“Estamos nun momento convulso e desde as administracións debemos implicarnos ao máximo na medida das nosas responsabilidades para intentar paliar todo tipo de violencia”, subliñou Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com