Lugo duplica o número de aloxamentos no entorno dos diferentes Camiños de Santiago

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, anunciou hoxe que a provincia de Lugo duplicou a cifra de establecementos e prazas de aloxamento no entorno dos Camiños de Santiago dende o ano 2009. Balseiro destacou “a puxanza que está a adquirir o fenómeno xacobeo na provincia”, e engadiu que o notable incremento da actividade turística reflicte o “efecto dinamizador das rutas” e o impulso que supoñen para a economía local.

No que vai de ano chegaron a Compostela máis de 106.000 peregrinos, o que supón unha suba de máis dun 10%  aos datos rexistrados no mesmo período do ano pasado. Por itinerarios, o Camiño Francés continúa á cabeza no número de peregrinos recibidos, con máis do 61%. Elixiron o Camiño Norte case o 5% dos peregrinos e o Primitivo máis do 4%.​

Así mesmo, nos primeiros cinco meses do ano o punto de información do Cebreiro, na entrada do Camiño Francés en Galicia, recibiu 6.465 visitas. No caso do centro do Camiño Primitivo, localizado na cidade de Lugo, a cifra de persoas atendidas foi de 2.958. Mentres, o Centro de Interpretación do Camiño Norte, no concello lugués de Mondoñedo, contabilizou 1.557 visitas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com