Lugo súmase hoxe á tendencia que viña amosando o resto da comunidade cun repunte importante de casos activos que se dan logo dunha fin de semana cun considerable aumento no ritmo de contaxios.
Así, logo da fin de semana Lugo só baixa en dous persoas o número de infeccións activas con relación ao venres pero aumenta en 13 casos con relación ao día de onte. Repasamos así os principais baremos que foron variando durante a fin de semana.
En total, hoxe a provincia presenta 175 casos activos fronte os 177 do venres pero os 162 do día de onte. Coas cifras na man poderíase pensar que se tratou dunha baixa importante de casos a do fin de semana, pero nada máis lonxe da realidade. O certo é que malia que sábado e domingo presentaron unhas cifras de infección activas mellores que as do venres, na realidade debeuse ao gran aumento de altas que se tenden a dar durante as fins de semana. Así, fronte ás 6 altas das últimas estarían as 15 do domingo ou as 25 notificadas o sábado, polo que se pode deducir que foron as altas as que favoreceron esta fin de semana o descenso de casos totais.
Pero o empeoramento chegou cando ao importante descenso no número de altas que se deu nas últimas xornadas, hai que engadir o aumento do ritmo de contaxio. Mentres o venres se informaba de tan só 4 positivos detectados, o sábado esta cifra aumentaba ata os 15, o domingo quedaba en 10 novos contaxios e, no día de hoxe, esta cifra volve aumentar considerablemente ata as 18 persoas que resultaron positivas en PCR. E o certo é que si é estrano que un luns se rexistre un maior número de positivos dado que durante as fins de semana tenden a realizarse menos Probas diagnósticas e esta cifra soe ser máis alta hacia finais de semana.
Podería esto confirmar a tendencia que xa se está a dar en diferentes concellos galegos de aumento da incidencia e, xa metidos na semana santa, podería significar un gran retroceso no avance contra o virus, e a chegada da tan temida cuarta ola.
Para evitar esto é imprescindible continuar a cumprir as medidas sanitarias co uso da máscara, evitando as relacións sociais con non conviventes ou procurar reducir ao máximo á mobilidade entre concellos. Con todo, as medidas impostas o pasado venres pola Xunta de Galicia permanecerán iguais, a lo menos, ata o venres santo, día en que poderían incrementarse as restricións se a incidencia acumulada aumenta ao mesmo ritmo que o está a facer.
E, precisamente, para evitar as condutas que fomentan os contaxios, axentes da Policía Local de Lugo continúan a denunciar a todos aqueles veciños que seguen a facer caso omiso ás restriccións. É o caso dun home que estaba a emitir a través das redes sociais, en directo, un video no que se lle vía camiñando pola cidade sen máscara e fumando. Fontes policiais informaron hoxe que os feitos tiveron lugar o pasado 25 de marzo cando a sala do 092 recibía a chamada dunha persoa veciña de Alicante que denunciaba a emisión en directo deste home, fumando e sen máscara na rúa. Unha patrulla tratou de localizar ao autor dos feitos e atopouno na Avenida de Ramón Ferreiro cando estaba terminando de emitir o vídeo.