Muralla Lugo Muralla Lugo

Lugo Monumental afirma que a Muralla debería estar sinalizada na A6 dende hai 15 años

Lugo Monumental rexistrou dous escritos dirixidos ao Alcalde de Lugo e á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, en que solicita novamente que se poña atención á sinalización da Muralla de Lugo
como Patrimonio da Humanidade na autovía A6, unha sinal, que tería que estar instalada dende hai 15 anos.

Segundo apuntan dende a asociación, cando se fai o percorrido dende Madrid a Galicia pódense observar sinais turísticas que informan os condutores de que existe un acueduto romano en
Segovia a escasos quilómetros da autovía A6. Este sinal, cos logotipos da Xunta de Castela e León e Iberpistas, sinaliza ese destino e permite o condutor realizar unha parada turística que doutro xeito quizais non faría. Son paradas equiparables ao consumo de “compra por impulso” que pode ser unha das claves para aumentar o número de visitantes á cidade.

Nada sinaliza que Lugo conta cunha Muralla Romana Patrimonio da Humanidade,  e dende Lugo Monumental formulouse este tema fai xa un ano, sen que houbese ningún avance ao respecto. A única resposta positiva recibida sobre este asunto provén da Subdelegación do Goberno, onde o gabinete do señor Carballo facilitoulles información sobre o procedemento a seguir para lograr a instalación dese sinal.

O procedemento, segundo se lles indica, faise mediante solicitude a traveso do departamento de turismo da Xunta de Galicia, pero para que teña relevancia hai de ser cursado por unha administración pública.

O proceso sería moi sinxelo, xa que os parques nacionais, reservas da Biosfera e as cidades con patrimonio mundial da UNESCO, son señalizables automaticamente, a pesar de que algún non figure no listado de destinos.

Dende hai 15 anos este sinal debería estar instalado de oficio, xa que a declaración como Patrimonio da Humanidade lévao consigo automaticamente.

Dende Lugo Monumental, ante a nova información recibida, reiteran as solicitudes ante a Xunta de Galicia, para intentar dende a asociación activar este procedemento, e o Concello de Lugo, de xeito que a administración local presente tamén a súa propia solicitude.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com