Lugo Monumental amosase moi satisfeita tras a apertura da Porta Falsa

Ás 10:30 desta mañá os operarios retiraban os valos e abrían o acceso da Porta Falsa da muralla, ante esta nova, Lugo Monumental emitiu un comunicado no que “ lamenta que haxa que forzar medidas de puro sentido común, pero amosase satisfeita tras a apertura desta porta antes da ponte de decembro.

O aviso da Asociación Lugo Monumental de que emprendería accións legais “se hoxe non se abría devandito acceso”, semella que fixo efecto, aínda que a Asociación considera que “actuou con lealdade, debido a que anunciou a súa intención de loitar legalmente pola apertura dunha fundamental vía de comunicación peonil co centro histórico”.

Lugo Monumental lamenta que “haxa que forzar medidas de puro sentido común, pero móstrase satisfeita tras a apertura desta porta antes da ponte de decembro. Tamén considera que a negativa do Concello para responder aos seus escritos ou establecer vías de comunicación prexudica notablemente as posibilidades de resolver este tipo de situacións sen chegar a estes extremos”.

Dano aos locais do centro

Os locais da rúa San Marcos e o resto da contorna da Praza do Ferrol “ notaban enormemente o peche da Porta Falsa, debido a que é, a día de hoxe, o único acceso puramente peonil de todo o centro histórico. Esta porta é a única na que en ningún momento pasan vehículos rodados de ningunha clase e por iso é polo que, a pesar dos seus problemas de accesibilidade (que sorprendentemente non se resolveron nestas obras) sexa un dos puntos máis valorados polos usuarios para chegar ao centro histórico”. Rema

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com