Lugo Monumental convidará os hostaleiros a pedir aos seus provedores que certifiquen que o leite servido é galego

A asociación Lugo Monumental fará unha campaña entre os seus asociados para que pidan aos seus provedores que certifiquen que o leite servido nos seus establecementos sexa galego. As actuais disposicións sobre trazabilidad, que permiten coñecer a orixe do produto, facilitan enormemente este labor.

“A calidade do leite galego é innegable, e na nosa opinión non hai mellor apoio aos gandeiros que esixir ás marcas que compren o leite na nosa terra. Non se trata de pechar as portas ao produto foráneo, pero a actual crise do sector fai que pór en valor as nosas virtudes sexa un paso previo inescusable para que os gandeiros teñan forza á hora de negociar”.

“O sector da hostalaría, un dos maiores consumidores de produtos alimenticios, ten unha forza extraordinaria á hora de apoiar unha reivindicación como a que se está facendo estes días, e si este sector esixe aos seus provedores o consumo de leite galego ás empresas, terán un motivo máis para prestar atención ao noso campo. Evidentemente a nosa clientela ha de saber que produtos consome, e isto farase a través dun distintivo que identificará os locais que consuman leite galego, o que se pedirá que certifiquen os provedores”.

Lugo Monumental quere desta forma apoiar aos gandeiros “que están a facer unha protesta exemplar. É certo que hai menor fluidez de tráfico na Rolda da Muralla, pero queremos felicitalos por non entorpecer os accesos ao centro e garantir en todo momento o tráfico normal nas vías de comunicación”, conclúen dende a asociación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com