Lugo Monumental convoca unha reunión para informar sobre as novas taxas de ocupación de vía pública tras a negociación levada a cabo pola asociación empresarial do centro histórico e a propia APEC. A reunión é aberta a todos interesados, tanto socios como non socios, e de calquera punto da cidade (non só do centro histórico) xa que a modificación afecta o total do municipio de Lugo. Na mesma resolveranse dúbidas sobre as consecuencias destas novas taxas e os pasos para dar en diante. Afectan as novas taxas a todos os locais de Lugo? Poderase recuperar o diñeiro xa pagado no principio do ano? Volverán aumentar as taxas en anos posteriores? Que pasa coas reclamacións xa interpostas? . Estará dirixida por David Fernández, presidente de Lugo Monumental e tamén contará con Luís Latorre, quen realizou o estudo técnico e as alegacións presentadas pola Asociación
A reunión terá lugar o vindeiro mércores 16 de agosto ás 18:30 horas no salón de actos da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) situada na Praza do Campo.