Lugo Monumental crea dúas Seccións para a Zona dos Viños e Soidade-Armañá

A Xunta Directiva da asociación Lugo Monumental vén de aprobar a creación de dúas comisións de traballo, unha na zona dos viños, e outra nas prazas da Soidade e Armañá.

Estas comisións son seccións da Asociación, pensadas para dar autonomía a determinadas áreas, e que poderán organizar actividades de forma independente. A súa orixe débese a que se detectou a importancia que ten a implicación dos diferentes establecementos en levar ás súas rúas concretas as accións de Lugo Monumental.

Un exemplo deste funcionamento foi a exitosa participación dos locais da zona no “III Premio Lugo Monumental de animación na rúa”, que se organizou con este criterio.

O que se pretende dende a asociación é equilibrar a especialización da acción por zonas concretas sen renunciar á unión no casco histórico. Canalízase así a iniciativa de determinadas áreas, que poden organizar accións sen comprometer os recursos do conxunto da Asociación pero si aproveitando as súas vantaxes.

Funcionan como unha asociación dentro da asociación, cun responsable da zona que será o encargado de propoñer as accións a realizar na súa área, buscar o financiamento (no seu caso), e levala a cabo co apoio do conxunto da Asociación.

Este apoio tradúcese en cuestións prácticas, como a de contar cun seguro de responsabilidade civil único, unha asociación rexistrada en diferentes organismos e con capacidade legal de obrar, unha imaxe única do casco histórico como o maior centro comercial da provincia.

A Xunta directiva nomeou coordinador da “Zona dos Viños” a Óscar Rubín, e de “Soidade-Armañá” a Diego Rodríguez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com