As obras en Lugo paralízanse. Así o denunciou esta mañá a Asociación Lugo Monumental quen culpou desta parálise ao “conflito que a Policía mantén co Goberno Local” que, dixeron, está a afectar á actividade empresarial no mundo da construción, xa que a falta de mandos fai que non se asinen autorizacións para instalar valados, guindastres, estadas ou vaos, sendo elementos evidentemente necesarios para a edificación.
Lugo Monumental lamenta que pesar de ameazar o futuro das obras en todo o municipio, o caso particular do centro histórico fai que este problema sexa máis grave xa que hai que engadir que as zonas peonís requiren a autorización de vehículos para poder entrar ás obras, e non se están dando devanditos permisos.
Ademáis, a asociación considera que a área de Rehabilitación Integral que a Xunta podería decretar para o centro histórico de Lugo, unha ferramenta que axilizaría a rehabilitación do mesmo, poñeríase en perigo xa que de nada serviría un plan de axudas se as obras non se poden executar.