Lugo Monumental ofrece a partidos políticos e asociacións un documento coas súas propostas para o casco histórico

A Asociación Lugo Monumental preparou un informe coas principais propostas e ideas, que durante os últimos anos foi debullando, para ofrecer as devanditas ideas a todas e cada unha das formacións que estean interesadas nelas.

A idea deste documento é ofrecer a mesma información a todos os grupos que estean interesados nela, tanto partidos políticos coma agrupacións cidadás, plataformas ou calquera outro formato que presente un programa electoral ás eleccións municipais de maio.

No documento recóllense diferentes propostas, dende as relacionadas con ordenanzas municipais, custos de terrazas, ocupación de vía pública para comercios, tráfico, promoción da cidade e a Muralla, recuperación de servizos para o casco histórico, seguridade, ou a creación dun centro educativo no Cuartel de San Fernando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com