Lugo Monumental proxectará ‘Polar Express’ dentro dos xoves de cine natalicio

A asociación de empresarios Lugo Monumental proxectará mañá ás 16.45 horas o filme Polar Express dentro do ciclo de ‘Xoves de cine natalicio’ que a propia asociación está a levar a cabo durante as festas do Nadal. A entrada será libre e gratuita ata completar aforo e Lugo Monumental aproveira para agradecer á Deputación a cesión do salón de actos do Pazo de San Marcos, onde se realizará a proxección.

Polar Express relata as aventuras que vive un neno de 8 anos de idade na noite do 24 de decembro, en Noiteboa, cando comeza a perder a esperanza de continuar crendo na existencia de Santa Claus e o espírito que conleva celebrar o Nadal. O filme recibiu tres nominacións aos Oscar e gañou un Grammy.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com