Lugo Monumental quere atraer turistas dos cruceiros que ancoran no porto de A Coruña

Lugo Monumental ven de recoller as inquedanzas de guías profesionais de turismo de Lugo, que lles transmiten que son poucos os turoperadores de cruceiros que se interesan pola cidade.

“Mentres dende os cruceiros que ancoran os seus barcos na Coruña fanse visitas a varias cidades galegas, Lugo é un destino practicamente ignorado por falta de contactos coas grandes empresas que organizan estas viaxes”.
Lugo Monumental propón para captar este nicho de negocio a “elaboración dun informe de presentación da cidade con información práctica para as grandes compañías, contactos e mesmo posibilidade de ofrecelos dende menús ata paquetes con aloxamento incluído”.

Lugo Monumental rexistrará mañá martes un escrito dirixido ás administracións con competencias en turismo (Concello, Deputación e Xunta de Galicia), e espera tratar este asunto en próximas reunións que manterá con algúns representantes institucionais do ente provincial e autonómico.

Os responsables de Lugo Monumental queren aproveitar as posibilidades que lle brinda a Lugo a declaración, hai uns días, por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade da catedral e do Camiño Primitivo “son poucas as cidades do mundo que poden presumir de ter tres bens declarados Patrimonio da Humanidade, como é o caso de Lugo coa Muralla, o Camiño Primitivo e a Catedral”.

O comunicado remata dicindo que “ese é o eixe en que deberá pivotar a nosa campaña, ademais da excelente gastronomía e o cada vez máis dinámico comercio local, sen esquecer outros atractivos como museos e centros culturais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com