A xornada celebrada onte organizada por Lugo Monumental e na que participaron a Plataforma de veciños do Centro histórico, AdegaLugo e o Colexio de Arquitectos foi, segundo os organizadores “moi informativa e produtiva. As persoas alí congregadas amosaron o seu rexeitamento aos plans municipais para destruír as escasas zonas verdes que quedan no centro histórico e contabilizar como tales macetas e pequenos espazos que realmente non cumpren as funcións dun auténtico xardín”.
A pedimento dunha persoa do público, e tras consultalo cos asociados, Lugo Monumental prepara “unha campaña de recollida de sinaturas para salvar as zonas verdes existentes e mesmo, onde sexa posible, incrementalas. Os lucenses queren árbores, céspede, terra… todo o contrario que as prazas duras e grises que se están facendo no centro histórico. Sirvan como exemplo San Marcos ou Quiroga Ballesteros, dúas contornas en que se substituíron fontes e céspede por laxas ou onde se perdeu a oportunidade de incrementar os xardíns do recinto amurallado. A unanimidade mostrada onte por diversos colectivos (aos que se unión “in situ”
Ecoloxistas en acción”) é proba do rexeitamento que causan estas obras, non porque se peonalice, senón por todo o contrario”. >>Segundo fontes da asociación.
Tamén se puxo sobre a mesa a “falta de diálogo previo desde o Goberno Local, que aprobou estas obras sen sequera facer unha exposición pública ou un debate plenario”. Destacan dende Lugo Monumental. Cabe destacar o “descoñecemento dos proxectos por parte da cidadanía, que ignora por exemplo que se proxecta un carril para vehículos no que agora é a zona verde de Santo Domingo, ou que os vehículos que accedan ao aparcamento de Praza do Ferrol (o máis usado da cidade) seguirano facendo a través de Montevideo e Bolaño Ribadeneira e que para saír farano dando un inexplicable rodeo por diante do centro de saúde e a Porta Falsa, algo que se explica porque o Goberno segue sen expoñer os proxectos na web municipal, aínda que se poden consultar integramente na web www.lugomonumental.es. Informa Lugo Monumental.