A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,Carmen Basadre, deu a coñecer este venres as bases que rexerán no concurso de deseño gráfico para escoller o cartel do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2018, que terá lugar do 4 ao 12 de outubro. Poden concorrer cantas autores e autoras o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada persoa cantas obras considere oportunas, sempre orixinais.
Os deseños, tal e como explicou a edil, contribuirán a enxalzar Lugo e as súas festas patronais. Ademais, Basadre subliñou os aspectos obrigatorios a figurar nas creacións: Lugo, San Froilán 2018; 4-12 de outubro, Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interese Turístico Nacional, así como a imaxe corporativa do Concello e os logotipos das redes sociais existentes destas festas: Instagram, Twitter, Facebook e Youtube. Os carteis deberán evitar calquera tipo de propaganda subliminal que podia inducir ao consumo de alcol ou calquera outro tipo de drogas.
As obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do San Froilán, onde se farán unha votación popular da que se seleccionarán as obras que se someterán a votación do xurado. Unha vez realizada a votación popular on-line seleccionanranse os carteis máis votados. O Concello de Lugo seleccionará un xurado cualificado, que será o encargado de escoller a obra que represente esta festa.
No que se refire ao San Froilán Miúdo, as obras deben incluír o seguinte texto, Lugo e San Froilán Miúdo 2018. Os cativos e cativas que queiran presentar as súas creacións deberán entregar a súa obra tamén na área de cultura. Do mesmo xeito serán presentados de xeito anónimo, nun DIN A-4 como mínimo, e montados en cartón pluma ou soporte ríxido. O autor ou autora do deseño gañador recibirá un premio adaptado á súa idade valorado en 300 euros. O prazo de inscrición tamén rematará o 4 de maio.