Lugo, nas carteleiras de cine con La Sombra de la Ley

A cidade de Lugo acollerá o vindeiro martes, 17 de outubro, unha proxección especial de La Sombra de la Ley, unha película cun forte protagonismo lucense, pois está dirixida por Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar, Lugo foi plató natural de rodaxe e contou coa colaboración do Concello e da Deputación.

O pase, que terá lugar ás 20.00 horas nos cines do centro comercial Abella, contará coa presenza da Alcaldesa, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o director do filme e Emma Lustres, da productora, Vaca Films, así como parte do equipo artístico.

O gran protagonismo de Lugo na nova película de Dani de la Torre supón unha plataforma para a promoción da cidade, ademais de situala na carteleira como localización audiovisual. A filmación da película en Lugo tivo lugar na rúa Bispo Aguirre e no Círculo das Artes. Na rodaxe participaron varios titulados da Fundación TIC e tres dos alumnos da Escola de Imaxe e Son realizaron prácticas.

La Sombra de la Ley inspírase en feitos históricos e quere ser un reflexo da sociedade española de principios do século XX, representando a través das súas tramas e personaxes a vida e conflictos da época. A rodaxe desenvolveuse o pasado ano en 80 decorados naturais exteriores e interiores. Arrancou en Barcelona, pero a gran parte da acción discorre en Galicia (Lugo, Pontevedra, Monforte de Lemos, A Coruña e Santiago).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com