Lugo pide “máis recoñecemento e investigación” no día da fibromialxia

Lugo conmemora o Día da Fibromialxia reclamando “máis recoñecemento desta enfermidade, máis investigación e a mellora da asistencia sanitaria” dunha doenza que padece un cinco por cento dos galegos, a maioría mulleres.

Esta mañá procedeuse á lectura do XIII Manifesto da Fibromialxia na Praza Maior, fronte á casa do concello, acto no que estiveron presentes doentes e familiares, así como membros da Corporación e representantes das asociacións ALUFI e AGAFI.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, puxo voz a este manifesto, que comezou reivindicando os dereitos dos enfermos desta doenza. No documento poñíase de manifesto as aspiración lexístimas dos doentes, que buscan unha mellor calidade de vida e un maior sentido da digniddade cos seus dereitos; así como o recoñecemneto e tratamento da enfermidade dentro do Sistema Público Sanitario e Social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com