O Concello de Lugo porá en marcha dous novos cursos enmarcados dentro do programada de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados na comunidade autónoma de Galicia, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Trátase das accións formativas de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, que formarán a 30 persoas, e que á finalización do mesmo recibirán un certificado de profesionalidade útil á hora de buscar emprego. Así o avanzou a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quen explicou que se trata de dous cursos englobados nun sector, “que a día de hoxe e debido ao envellecemento da poboación luguesa, constitúe un nicho de emprego emerxente”.
Cada curso conta con 618 horas formativas, das que 120 serán prácticas en empresas luguesas e 18 de formación transversal sobre inserción laboral, medio ambiente e corresponsabilidade familiar, así como sobre a igualdade entre mulleres e homes.