Lugo premia a difusión da campaña ‘En Negro contra As Violencias’, nas redes sociais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu hoxe a entrega dos premios ás gañadoras do primeiro concurso de fotografía Lugo En Negro, posto en marcha polo Concello de Lugo enmarcado dentro da campaña En Negro Contra As Violencias, coa finalidade de premiar a promoción e difusión de dita campaña nas redes sociais. No acto tamén participou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López.

O xurado estivo composto por unha técnica da Casa da Muller, así como a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a fotógrafa profesional Victoria Rodríguez, e un membro do Foro de Igualdade, neste caso Cristina Pérez, do grupo municipal Lugonovo, estas tres últimas presentes no acto de entrega.

As gañadoras foron Lorena Castro, Nuria Núñez, Carmen José López e Nuria Rodríguez. Recibiron unha camiseta Contra As Violencias asinadas, unha polos xogadores do Breogán, outra polos do CD Lugo, unha terceira polos do Ensino e unha cuarta e última, do Emevé, todos eles clubes implicados nesta campaña, cuxos representantes tampouco quixeron perderse a entrega. A maiores os premios ían acompañadas dun lote de libros cedido polo Concello e outro pola Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com