Lugo é, un mes máis, a capital galega que peor paga, situándose como a quinta con máis atraso no período medio de pago no conxunto estatal. Así o denunciou esta mañá o Partido Popular que, continúa a postularse como a alternativa a “parálise e a mala xestión” do goberno de Lara Méndez.
O Grupo Municipal do Partido Popular pon o punto de mira na calidade de pago a empresas e prestadores de servizo do Concello de Lugo lamentando que estes teñan que “sufrir retrasos de case dous meses para cobrar o seu traballo”. Segundo resalta o informe de setembro do Ministerio de Facenda do Período Medio de Pago, Lugo sitúase como a quinta capital española que peor paga cunha media de 58 días de demora.
Antonio Ameijide, voceiro popular, explica que dos datos deste documento se desprende que no que vai de 2017 o importe de pagos pendentes é de 7,5 millóns de euros mentres que o importe de pagamentos realizados suma os case 2,4 millóns. O popular detallou que casi duplicamos os días de demora de Ourense que paga en 30,92; e estamos moi lonxe dos 25,94 de A Coruña; os 26,07 de Ferrol; os 11,38 de Vigo ou os 4,64 días de Pontevedra”.
Ameijide reflexionou que “quizais o feito de que dende xuño de 2016 o goberno local non publicite na web os datos datos referidos ao pago medio a proveedores poda responder a un intento de ocultar a súa ineficacia”. Ameijide demanda que “se actualice tanto esta información coma outras que non aparecen no portal municipal xa que se está
incumprindo de forma reiterada a Lei de Transparencia”.