O tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, participou este venres na cerimonia de premios do IX Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP, no que Lugo resultou galardonado. O acto tivo lugar en Málaga, no marco da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima.
O proxecto de planificación dun barrio multiecolóxico na zona da Garaballa, impulsado polo executivo de Lara Méndez no marco da estratexia LIFE Lugo+Biodinámico como modelo de resiliencia urbana, obtivo o segundo premio na categoría de “Adaptación ao cambio climático”, sendo o único municipio galego galardonado neste certame.