Lugo reforza a plantilla municipal coa incorporación de 12 traballadores

O Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, informou hoxe de que o Concello de Lugo reforzou a plantilla municipal coa incorporación de 12 funcionarios interinos nos últimos quince días e avanzou que nas vindeiras semanas tomarán posesión outros 30 traballadores, completando así os 40 postos que avanzara o Executivo. Este reforzo “vén a confirmar a aposta deste Goberno por mellorar os recursos humanos grazas ao gran traballo realizado dende a área de Persoal e dende a Dirección Xeral, o que redundará nunha mellor atención aos cidadáns, en que os servizos estarán mellor dotados e en que os traballadores terán que facer menos horas extraordinarias”.

As 12 persoas que se incorporaron ao Concello nas dúas últimas semanas son un auxiliar de biblioteca, un celador de colexio, un técnico en Xardín de Infancia, un oficial vixiante recadador, un enxeñeiro de Camiños e 7 auxiliares administrativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com