Lugo repite como único concello galego con oficina de Europe Direct

A representación da Comisión Europea ven de anunciar que Lugo repetirá como único concello en Galicia que disporá dunha oficina de Europe Direct, dependente da área municipal de Desenvolvemento Local e Emprego, tras acadar unha moi alta puntuación polo traballo desenvolvido durante estes anos para informar e involucrar á cidadanía nos asuntos europeos.

Ademais, a Comisión avanzou que as oficinas de Europe Direct que quedarán España, un total de 37, están deseñadas como “unha nova xeración de centros nos que o papel que xogarán é máis esencial que nunca”, segundo palabras de María Ángeles Benítez, directora da Representación da Comisión Europea en España. “O seu labor é o de conectar as Institucións da UE e os cidadáns, á vez que explica como Europa loita contra a pandemia da COVID-19, impulsa a transición verde e dixital a través de NextGenerationEU ou animar aos cidadáns a involucrarse no debate da Conferencia sobre o Futuro de Europa”, explicou.

A Europe Direct, instalada no Centro de Emprendemento Municipal (CEI-Noduis) ofrece aos cidadáns información sobre asuntos europeos, é tamén serve de impulso cara a participación da veciñanza en cuestións relacionadas co futuro da Unión Europea. De tal xeito que os centros contribúen a achegar prioridades, oportunidades e retos da UE.

Ademais, os centros Europe Direct axudarán á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas políticas da UE e promoverán a cidadanía europea activa nas escolas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com