A plataforma cidadá, Lugo Sen Mordazas, amosou esta mañá durante o pleno do Concello de Lugo, o seu rexeitamento á ordenanza cívica que pretende aprobar o grupo de goberno. Algúns membros da plataforma, presentáronse no salón plenario portando pancartas e en silencio.
Durante a intervención da edil de Lugonovo, algún deles achegouse á bancada onde estaban os concelleiros para dar panfletos informativos.
A rexedora, tivo que interromper á edil de Lugonovo, para mandar calar e pedir respecto aos integrantes da plataforma que estaban amosando o seu rexeitamento a esta ordenanza. Entre gritos de ‘Lugo Sen Mordaza’, a plataforma abandonou o salón plenario para continuar coa súa protesta ás portas da Casa Consistorial.