“Lugo sen Mordazas” di que “O Concello de Lugo regalará 311.000 euros a unha UTE”

A asociación Lugo sen Mordazas denuncia que “o Caudal Fest, que celebra este ano a súa segunda edición, recibirá 166.774,39 euros máis que o ano pasado. O incremento non se debe só ao aumento na partida orzamentaria (310.970 euros con I.V.E. incluído), senón tamén á formula escollida: un contrato de patrocinio publicitario a través da Área de Desenvolvemento Local, co concelleiro Mauricio Repetto (PSOE) como máximo responsable da mesma”.

Segundo Lugo sen Mordazas “o contrato de patrocinio esixe menos requisitos legais que a subvención, polo que o converte nunha fórmula de financiamento máis opaca. Ademais, ao contrario da subvención, onde o diñeiro recibido ten que ir destinado só a gastos xustificados −como pode ser o gasto en infraestruturas, salarios, etc.− na fórmula escollida deste ano, todo o montante irá á empresa privada, xa que estas poderán emitir as súas propias facturas para xustificar toda a partida”.

A asociación tamén destaca que esta UTE, “xa recibira no 2018 a cantidade de 2′,5 millóns de euros, concedidos a dedo por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijoo. Nesa ocasión, o PSdeG denunciou que a Xunta concedía o monopolio a unha empresa cunhas prácticas escuras e con serias e preocupantes dúbidas sobre a xestión cultural”. Consideraron que trataba dun “procedemento absolutamente inaceptable. No caso lucense, en cambio, son eles os executores e dáse a casualidade que coas mesmas empresas”.

14.900 euros. Esta é a cifra que a Concellería de Cultura do Concello de Lugo, “destinará, durante todo o ano, en materia de subvencións para as asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro (ao contrario que no Caudal Fest). A comparación cós 310.000€ euros destinados ao macrofestival privado deixa claro que a cultura local importa”. Alén disto, cabe destacar que os prezos do festival distan de ser populares, pois o abono de 55 euros é restritivo para moita xente, o cal é inasimilable dende o momento en que se están dilapidando cartos púbicos”

Por último Lugo sen Mordazas “esixe á Sra. Méndez que explique como mide o retorno para a cidade desa inxente cantidade de cartos cos que se patrocinará o macrofestival “Caudal Fest”, de que partida orzamentaria proveñen e por que non se celebrou un concurso público de concorrencia para poder repartir eses cartos”.

“Queremos tamén recriminar o cambio de paradigma do Bloque Nacionalista Galego, que cando estaba na opsición amosábase crítico con este tipo de eventos privados hipersubvencionados, pero que hoxe permanece no silencio, cando é parte deste Concello bicéfalo (PSOE-BNG), que parece esquecer a opinión da veciñanza e dos colectivos e asociacións culturais”.

lugo Sen Mordaza,  anuncian que nun dos días do Caudal Fest , o 21 se setembro, celebrarase en Lugo a segunda edición do Festival Incívico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com