A Plataforma Lugo Sen Mordazas, formada por máis de 30 colectivos sociais e culturais que piden que o goberno local retire o proxecto de Ordenanza de Seguridade e Civismo, vén de iniciar unha campaña dirixida ao pequeno comercio e aos locais de hostalaría, para que os pequenos empresarios e autónomos que queiran desmarcarse do discurso reaccionario e discriminatorio de certos “lobbies” empresariais da cidade poidan facelo e expresar libremente a súa postura en contra deste texto normativo que propón o PSOE e apoian PP e Ciudadanos. A Plataforma acaba de poñer a disposición de toda a xente un cartaz anti-mordaza que reza o lema Este espazo non apoia a ordenanza mordaza. Por un Lugo vivo e diverso, e que repartirá físicamente ademáis
Os colectivos que conforman Lugo Sen Mordazas consideran que os membros das patronais e asociacións veciñais que se uniron no Observatorio de Seguridade, e que se están adicando a presionar par
Por iso Lugo Sen Mordazas lanza esta campaña en positivo, para darlle a oportunidade á parte deste sector económico que é inclusiva e solidaria de dar a coñecer a súa oposición á Ordenanza Mordaza e colaborar co traballo da Plataforma. Os establecementos que queiran tamén poden descargar a folla de sinaturas e publicitarse na web de Lugo Sen Mordazas como punto de recollida das mesmas, así como imprimir o folleto informativo que explica as sancións e repartirlo no seu local.