O Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación terá lugar do 28 ao 30 de decembro na Piscina Municipal de Frigsa en sesións de mañá e tarde e está organizada polo Club Natación Portamiñá de Lugo.
Ao acto de presentación da proba acudiron o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, o vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia alén do vicepresidente da FEGAN e presidente do CN Portamiñá, Fernando Timiraos e o vicepresidente do CN Fluvial de Lugo, Luis Gregorio Ramos.
Por mor da celebración do campionato, durante esas xornadas, 28, 29 e 30 de decembro, a piscina cuberta de Frigsa permanecerá pechada ás persoas usuarias e participantes nos cursos municipais de natación.
O servizo de Deportes lamenta as molestias ocasionadas e indica que, como contraprestación, a piscina das Pedreiras incrementará o seu horario unha hora cada xornada, abrindo ás 07:00 horas tanto o xoves como o venres.