A emisora lucense Lugo Si Radio deixará de emitir, temporalmente, no dial 96.9 da FM no que viña soando, debido a axustes técnicos que esperan rematar canto antes. A radio, especializada en música e información local, seguirá a escoitarse coa programación actual a través da súa emisora en Becerreá (Xornal Si Radio Becerreá, no 107.4 FM), así como na súa páxina web, http://www.siradio.gal/play/lugo.html onde hai emisión en streaming as 24 horas do día.
Do mesmo xeito, dende Lugo Si Radio, avanzan a creación de novos contidos próximamente que emitirán en video tanto en streaming como en diferido.