Lugo suma outros catro casos positivos por Covid-19

A área sanitaria de Lugo rexistra nas últimas 24 horas catro casos activos máis por coronavirus e suma un total de 84 positivos, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última información.

En canto a Galicia, o número de casos activos de coronavirus  é de 827, 87 casos máis que onte; deles 463 son da área da Coruña, 84 da de Lugo, 54 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo, 45 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos.  Hai que lamentar un novo pasamento nas últimas 24 horas,  unha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.

O número de PCR realizadas é de 269.448.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com