Lugo sumouse ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto con outros membros da Corporación Municipal e autoridades,  participaron este vernes na lectura do manifesto polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ao que asistiron tamén directivos e persoas usuarias de distintas entidades sociais que desenvolven o seu labor en Lugo.

O encargado de ler o manifesto foi o Presidente de Asorlu, Brais Vila, no que se considera a accesibilidade como universal, como ben social básico, que debe ser promovido e estar amparado e protexido polos poderes públicos, e respectado e despregado por todos os operadores, axentes e particulares da vida en comunidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com