Se estes últimos días produciráse unha pequena escalada por novos casos de coronavirus na Área de Lugo, nas últimas horas mantense o número de infectados de onte, 622. Esta é unha nova esperanzadora de cara a conseguir o contro do andazo na nosa provincia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.803 altas de pacientes e 519 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 85.690.