A cidade de Lugo estreará, tras o verán, novos autobuses urbáns de cor vermella e que prestarán un maior servizo aos veciños, con menos liñas pero máis frecuencias e, incluso, novos destinos.
A alcaldesa, Lara Méndez, presentou esta mañá o novo proxecto de autobuses urbáns que se instalará, previsiblemente durante este veráne que, segundo asegurou a rexedora, farán que a cidade avance cara un modelo máis sostible e amable.
As propostas de modificacións neste servizo municipal foron realizadas polo goberno local tras 12 xuntanzas con veciños dos diferentes barrios ademáis das propostas recollidas pola administración a través de redes sociais, enderezo electrónico ou o 010.
A rexedora lucense tamén explicou as diferencias que traerá consigo este cambio nas liñas que pasan por reducir en 6 o número de liñas que se ofrecen pero aumentando, o número de autobuses, quilómetros percorridos ou horarios. O novo aunmenta a frecuencia dos autobuses, a mellora da mesma aos principais núcleos de destino da cidade: HULA (nun27%); Campus Terra (10%); polígono das Gándaras (37%); As Termas/Garabolos (37%); e Pazo de Feiras e Exposicións (100%). Asemade, pasarase das 23 liñas existentes a 17 o que supón unha mellora na eficiencia do servizo e a diminución de autobuses baleiros.
Como medidas a implantar nestes dous próximos meses estivais, tamén destaca a gratuidade do transbordo mediante cálculo de tempo de viaxe, a actualización de paneis SAE ás novas liñas, o desenvolvemento dunha App que informe en tempo real do paso dos buses, a distribución dos novos mapas de rutas e a adaptación de marquesiñas e infobus ás novas rutas, todo isto sumado a un proceso de mellora continuada.