Centos de persoas participaron no día de hoxe, 25 de novembro, nos actos celebrados na cidade con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista. Os actos comezaron ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, coa presentación do libro As miñas fillas devolvéronme a vida, unha historia real escrita por unha vítima deste terrorismo machista, Inés Fernández Lamela.
Unha hora despois tivo lugar a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia. Un acto no que participou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o presidente da Deputación Darío Campos. No marco do acto procedeuse á lectura dun manifesto, ao que puxo voz unha árbitro, diante da árbore da vida de Santo Domingo.
Ás 13:00 horas persoas de distintas asociacións, clubs deportivos e centros educativos, rodearon a Muralla e participaron nunha solta de globos dende cada unha das dez portas do monumento en lembranza ás mulleres asasinadas.