Lugo sumarase a unha campaña conxunta de institucións locais galegas contra a violencia de xénero. Trátase dunha iniciativa na que poderán participar institucións, empresas, comercios ou todos os locais dos municipio que así o queiran, do 18 ao 28 e novembro, co obxectivo de darlle visibilidade e rexeitar, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machischa como un problema público, de todas e todos.
O Concello súmase a esta iniciativa posto que “a violencia de xénero tense que abordar dende unha visión global e transversal, con coordinación entre distintas administracións, para darlle máis impacto e máis visibilidade a esta lacra social”, asegurou Ana Abelleira. Deste xeito, a entidade local traballa activamente para desenvolver esta campaña, mobilizando axentes sociais e formulando mecanismos de participación do tecido socioeconómico.
A edil tamén informou que este foro decidiu hoxe, entre outros auntos, esixir hoxe á Xunta de Galicia unha asignatura obrigataria en materia de igualdade, así como solicitar máis recursos, tanto persoais como económicos, para afrontar as novas competencias que se lle atribúen aos centros de información á muller.
No Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade celebrado esta mañá tamén se avanzou na organización dos actos conmemorativas do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.