O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou esta mañá que Lugo é a única provincia galega na que o paro descendeu. “Nos últimos doce meses, no conxunto da provincia, o paro reduciuse máis dun 5%. Neste período máis dun millar de persoas abandoaron as listas do paro”, explicou o delegado quen afirmou tamén que agora o reto “seguirá a ser consolidar esta boa evolución e crear emprego e de calidade”.
O desemprego en Lugo acada a cifra oficial de 17.926 parados. Así é, despois de que no mes de setembro o paro descendera en Lugo en 141 persoas ao respecto do mes anterior, o que supón un 0.78% menos de baixada. En comparación co mes de setembro do pasado ano a diferencia é moito máis notable, situándose en 1.024 parados menos; e máis todavía se contamos con que no mesmo mes de 2016 o paro aumentou en 577 persoas.
Este pasado mes, o paro baixou en todos os sectores agás no da Industria que continúa a aumentar, esta vez nun 0,36%, con 5 novos desempregados. No resto de sectores, no que máis descendeu o número de desempregados foi na Construcción, no que se reducíu nun 4,71%, o que equivale a 82 parados menos engrosando as listas do INEM; sígueo moi de lonxe o sector agrícola cun 0,90% menos de parados e no sector servizos un 0,36%. Por último, o sector cualificado polo Ministerio de Emprego como Sin Empleo Anterior, reduce o número de parados nun 0,76%.